
Vendo últimamente o panorama "estudantil" surfeiro da zona vou facer un lebe repaso.
En primeiro lugar xurde o clube escola
" A Lanzada Surf Clube " .
Posteriormente apararece por parte do clásico clube
Raspas Corchos Clube , gozando da "maravillosa" caseta dos socorristas da Lanzada, e máis actualmente aparece
"Golfiño surf school" e
" Mission Surf Escola "
Agora preguntome eu, hai tanta demanda ou "mercado" potencial , na nosa zona para tantas escolas? Pois... parece ser e como moitos de vos vedes todos os fins de semana, a resposta é un rotundo Sí.
Pero esto supón un completo caos e ultramasificación nas nosas praias?
Parece ser que a resposta é igual a primeira.
Engado un exemplo :
Sábado 10 da mañá, chegando a Lanzada onde hai un pico bastante definido, e ainda non hai moita xente. Son xa as 11:15 miras a area e xa ves relucir as taboas de PVC e un par de monitores coas suas licras. Son xa as 12:00 estas remontando e ves a dúas crias coas súas taboas diante túa, rompe unha onda dun metriño e ves como diante túa as duas inocentes crias dentro da súa "ignorancia" soltanche as taboas diante e sumerxense, fas o pato e lebas co "delicado" PVC na testa, antes de transformarte nun grenmlin acercaste a rapaza máis próxima que colle aire jadeando, e dislle, "oes, preguntalle a teu monitor se se solta a taboa cando se remonta, vale? ".
Chegando aquí preguntome eu, algunhas escolas están sobre saturadas ou é simple deixadez dos monitores?(refirome a que teñen a todos os rapaces dispersos por doquier) Durante todo ese "exemplo" non apareceu ningún monitor por alí, e supoño que a cria tampouco lle comentaría nada.
Noutras escolas ves o monitor ou monitores continuamente pegados ao GRUPO e vixiando todo o que acontece.
Outro exemplo: A escola perfectamente visible, e un.. digamos tipo, metese no medio e medio, básicamente provocando ao monitor, por lóxica, a cousa acaba en tonos elevados e agarrons.
E o derradeiro exemplo : Estás na auga nun pico pequeno ti so na praia, e chega a escola e diche o monitor, fai favor e marchate para outro lado que me vou por aquí cos rapazes, quedas pasmado sen dar credito...
Eu estando complentamente afavor das escolas, gustaríame ver algún día as ecolas ben organizadas disfrutando do mar e inculcando bos valores.
No aspécto da masificación que a moitos escoitei (maldecindo as escolas) penso que é sinxelo , a Lanzada mide sobre uns 3 km, e non só existes ondas enfronte a caseta verde, tanto para o común dos surfistas e sobre todo para as escolas.